Ten como obxetivo principal a concienciación e a dinamización de xeito transversal sobre o daltonismo a través da literatura infantil, para informar del en idades temperás. O libro está dividido en dúas partes ben diferenciadas pero comúns en canto ao contido. Por unha banda, conta a historia da becerriña Marela que percibe as cores de xeito diferente, como se desenvolve no seu día a día; por outra, incorpora unha unidade didáctica final ateigada de información e actividades co fin de que os miúdos coñezan esta alteración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.