Esta obra reúne os relatos premiados no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía do Concello de Arteixo entre os anos 2019 e 2021. Son, en total, nove creacións literarias.
Aquí atoparemos relatos fantásticos, contos de viaxes, historias de misterio, diarios íntimos… Mundos reais ou imaxinados poboados por personaxes dominados polas incertezas da existencia. As relacións paterno filiais, a rebeldía fronte ao sometemento, a soidade dun rural abandonado, os segredos de familia, as dificultades do amor, os días escuros do confinamento ou os traumas da emigración compoñen, entre outras, esta mostra coral e sedutora de historias que nos farán gozar e reflexionar a un tempo.
A garza, ese animal totémico que se erixiu en símbolo deste Certame, atrapou estas nove historias luminosas ao longo das súas últimas viaxes.
A garza en chamas
Sé el primero en valorar “A garza en chamas” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.