A galiña roxa

A galiña roxa

Editorial: Kalandraka Editora
Colección: Los Popis
Autor: Pilar Martínez (adaptación)
ISBN: 9788484648093
Edición: 1ª ed., 1ª imp.
Páginas: 40

14,00 

1 disponibles

“A galiña roxa” é un conto tradicional moi estendido no mundo anglófono, cunha temática que nunca deixa de estar presente na vida cotiá: o valor do esforzo e da constancia -que sempre dan bos froitos- fronte á insolidariedade e á nugalla de quen está afeito a beneficiarse inxusta e inmerecidamente do traballo alleo.
A diferenza da ansia da galiña roxa por sacar proveito duns grans de trigo, a actitude do can lacazán, do gato durmiñón e do pato barulleiro indica -polos adxectivos que definen os personaxes- que non está no seu ánimo colaborar nas tarefas necesarias: sementar, segar, recoller, moer, amasar… Faenas que, ademais de ser duras, transcorren nunha longa liña de tempo, a través das estacións, polo que tampouco a paciencia forma parte das cualidades de quen só se interesa por obter resultados inmediatos.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A galiña roxa”