A desaparición de Esme Lennox

A desaparición de Esme Lennox

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria. Biblioteca Compostela de narrativa europea
Autor: Maggie O'Farrell
ISBN: 9788498654028
Edición: 1ª ed., 1ª imp.
Páginas: 244

20,95 

2 disponibles

Publicada orixinalmente en inglés no ano 2006, “A desaparición de Esme Lennox” desenvólvese en Edimburgo, na década de 1930. A familia Lennox ten problemas coa súa filla máis nova. Esme é franca e odia as convencións. Con frecuencia, avergónzaos ante a boa sociedade e hai que lle poñer remedio a este problema. Anos máis tarde, unha moza chamada Iris Lockhart recibe unha carta informándoa de que ten unha tía avoa nunha unidade psiquiátrica que está a piques de desaparecer.
Iris nunca oíu falar de Esme Lennox e a única persoa que lle pode dar unha explicación, a súa avoa Kitty, é incapaz de responder as preguntas de Iris. Que fixo Esme para merecer que a encerrasen toda a vida nun manicomio? E como é posible que se poida borrar completamente unha persoa da memoria da familia?

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A desaparición de Esme Lennox”