A Coruña

A Coruña

Libro de artista no que David Pintor plasma a fascinación pola súa cidade natal cunha trintena de debuxos cheos de frescura e capaces de amosar distintos espazos dende puntos de vista sorprendentes. Guiados por un alter-ego que se despraza en bicicleta, o autor acompaña a quen observa nun agradable paseo no que de cando en vez se introducen elementos imaxinarios, pero que no conxunto recollen a esencia da contorna natural e da identidade propia. Destaca o protagonismo da paisaxe a través da fachada marítima na que sobresae o perfil inconfundible da Torre de Hércules e praias como as de Riazor ou As Lapas. O Atlántico é o fío condutor, ben de xeito visual ou ben indirectamente, a través do seu eco ou dun aroma que case pode presentirse ao paso de cada páxina.

Editorial: Kalandraka Editora
Autor: David Pintor
ISBN: 9788413430874
Edición: 1ª xuño 2021
Páginas: 64

16,00 

3 disponibles

Libro de artista no que David Pintor plasma a fascinación pola súa cidade natal cunha trintena de debuxos cheos de frescura e capaces de amosar distintos espazos dende puntos de vista sorprendentes. Guiados por un alter-ego que se despraza en bicicleta, o autor acompaña a quen observa nun agradable paseo no que de cando en vez se introducen elementos imaxinarios, pero que no conxunto recollen a esencia da contorna natural e da identidade propia. Destaca o protagonismo da paisaxe a través da fachada marítima na que sobresae o perfil inconfundible da Torre de Hércules e praias como as de Riazor ou As Lapas. O Atlántico é o fío condutor, ben de xeito visual ou ben indirectamente, a través do seu eco ou dun aroma que case pode presentirse ao paso de cada páxina.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A Coruña”