La imagen con verialID c13222 ya existe en WPLa imagen con verialID c13222 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoA construción mediática do conflito. O caso de Resistencia Galega – BiblosClube

A construción mediática do conflito. O caso de Resistencia Galega

No ano 2013 Resistencia Galega converteuse no único grupo terrorista de carácter separatista en activo en España, toda vez que ETA anunciara o cesamento da violencia no País Vasco. A Audiencia Nacional outorgáralle o perigoso status de terrorista a unha organización da que ninguén se declaraba integrante e cuxas accións máis destacadas eran un feixe de desfeitas contra diferentes bens inmóbeis. A manipulación da que foi obxecto Resistencia Galega nos medios de comunicación e a contundente resposta política e xudicial que se despregou para apagar o fenómeno tivo moito que ver coa debilidade do movemento independentista galego, coa política represiva herdada do conflito do País Vasco e coa existencia duns medios de comunicación sometidos ao poder político e aliñados ideoloxicamente co centralismo español. A emerxencia mediática de Resistencia Galega supuxo unha batalla ideolóxica no eido político de Galiza que obrigou os partidos a posicionárense non só ante o uso da violencia senón tamén ante unha forma de entender o país. “A construción mediática do conflito. O caso de Resistencia Galega” aborda o tratamento de Resistencia Galega nos medios de comunicación e axuda a comprender o conflito identitario de Galiza e mais tamén o impacto que exerceu a prensa na conformación dun imaxinario terrorista que ameazaba con crebar o clixé de pobo amansado e desmobilizado recreado perpetuamente polos xornais. Estamos ante un libro que examina a realidade galega baixo un prisma local e universal simultaneamente, apoiándose nun compendio de literatura científica arredor de temas como o nacionalismo, a identidade, o terrorismo, a construción do discurso e a mediatización dos conflitos. Helena Domínguez combina neste libro, de xeito maxistral, escrita académica con crónica xornalística, de tal sorte que o libro se abre hermeneuticamente en moitas direccións, encamiñándose a diversos públicos, desde investigadores do ámbito das Ciencias Políticas e da Comunicación até calquera persoa que desexe reflexionar criticamente sobre aspectos socio-políticos candentes no mundo contemporáneo e tomar conciencia da natureza construída e interesada de calquera relato difundido polos medios de comunicación.

Editorial: Axóuxere
Colección: Colección Polimnia
Autor: Helena Domínguez García
ISBN: 9788494855368
Edición: 1ª (2020)
Páginas: 270
Dimensiones: 140 × 210 cm

18,00 

1 disponibles

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A construción mediática do conflito. O caso de Resistencia Galega”