A brea de avelaíñas. Natureza e gozo

A brea de avelaíñas. Natureza e gozo

«A brea de avelaíñas» é unha obra sobre o cambio climático na que o prestixioso ambientalista Michael McCarthy combina lembranzas, anécdotas e datos rigurosos enfocados á urxencia de frear a perda de biodiversidade. A diferenza doutros libros de temática ambiental centrados na información numérica, este manifesto bebe directamente da memoria conmovedora do autor cando, sendo un neno, xurdiu nel a adoración polos paxaros, as bolboretas… A natureza salvoulle a infancia, marcada polos problemas familiares. Pero os fenómenos da vida silvestre que antano lle facían feliz foron perdéndose a causa das extincións masivas. Ante o grave problema do empobrecemento ecolóxico e dende a súa veterana experiencia persoal, McCarthy fai unha intensa e contundente chamada a deter esa destrucción, desterrar a indiferenza da sociedade e pasarmos á acción, apelando a desenvolver o amor polo mundo natural.
A contaminación, a perda de ecosistemas, a desaparición de especies de fauna e de flora, o quecemento global… son ameazas de gran preocupación que precisan comezar a considerar o medio ambiente como un ben intrínseco, un recurso para a saúde física e mental. Porque entre os dons da natureza resalta a súa capacidade para xerar ledicia, deleite e paz interior cando estamos ao aire libre, admirando a beleza dunha paisaxe ou deixándonos sorprender pola grandeza dos seus detalles. Para Michael McCarthy somos plenamente humanos cando pasamos de ser un individuo máis no planeta
a sentir amor e respecto polo mundo natural que nos rodea.

Editorial: Kalandraka Editora
Autor: Michael McCarthy
ISBN: 9788416721702
Edición: Novembro 2020

18,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

«A brea de avelaíñas» é unha obra sobre o cambio climático na que o prestixioso ambientalista Michael McCarthy combina lembranzas, anécdotas e datos rigurosos enfocados á urxencia de frear a perda de biodiversidade. A diferenza doutros libros de temática ambiental centrados na información numérica, este manifesto bebe directamente da memoria conmovedora do autor cando, sendo un neno, xurdiu nel a adoración polos paxaros, as bolboretas… A natureza salvoulle a infancia, marcada polos problemas familiares. Pero os fenómenos da vida silvestre que antano lle facían feliz foron perdéndose a causa das extincións masivas. Ante o grave problema do empobrecemento ecolóxico e dende a súa veterana experiencia persoal, McCarthy fai unha intensa e contundente chamada a deter esa destrucción, desterrar a indiferenza da sociedade e pasarmos á acción, apelando a desenvolver o amor polo mundo natural.
A contaminación, a perda de ecosistemas, a desaparición de especies de fauna e de flora, o quecemento global… son ameazas de gran preocupación que precisan comezar a considerar o medio ambiente como un ben intrínseco, un recurso para a saúde física e mental. Porque entre os dons da natureza resalta a súa capacidade para xerar ledicia, deleite e paz interior cando estamos ao aire libre, admirando a beleza dunha paisaxe ou deixándonos sorprender pola grandeza dos seus detalles. Para Michael McCarthy somos plenamente humanos cando pasamos de ser un individuo máis no planeta
a sentir amor e respecto polo mundo natural que nos rodea.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A brea de avelaíñas. Natureza e gozo”