Manuel é un neno que pasa moito tempo só na casa. O martes de Entroido, bota en falta as orellas que lle preparaba a avoa- agora enferma nunha residencia- e decide facer unhas poucas. Como
quere seguir a receita da avoa, emprega a sua botella chea de lentellas para estiralas,
que acaba escachando e estrando de legumes o chan. Antes de deixarlle comer as orellas, a avoa sempre lle contaba as historias que esas orellas escoitaran.
Agora será Manuel o encargado de imaxinar os relatos que escoitaron os doces que el mesmo preparou: sorprendentes historias protagonizadas por lentellas. A través deses relatos, que unen tres xeracións dunha mesma familia, o neno protagonista aprende a asumir a ausencia da avoa, a súa realidade social e familiar, e a sentirse un pouco mais unido ao pai. Ilustra Xiana Teimoy.
A botella de lentellas
Sé el primero en valorar “A botella de lentellas” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.