Exposición de Omar Kessel: Solo lápiz

A libraría Biblos de Betanzos (Rúa de Santiago, Nº 4) acolle unha exposición do artista cubano Omar Kessel ( A Habana, 1953). Baixo o título “Solo lápiz”, está composta por dez obras  de debuxo sobre papel en formato grande e dúas tallas de madeira pintada en oco. A mostra estará aberta en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas, de luns a sábado.

Omar Kessel Nicolás é gradudado na Escola Provincial de Artes Plásticas “San Alejandro” da Habana e graduado no Instituto Superior de Artes de Cuba. Membro da Unión Nacional de Escritores e Artistas de Cuba e do Taller Experimental de Gráfica da Habana. Dende 1976 desenvolveu unha dilatada actividade. Entre 2003 e 2019 foi profesor de gravado nos cursos de verán, mestrados e obradoiros profesionais, e xefe de talleres da Fundación CIEC en Betanzos. Dende 1978 leva feitas numerosas exposicións individuais e participado tamén en mostras colectivas.

Compártelo en las redes

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on pinterest
Share on linkedin

Deja un comentario