“El infinito en un junco”, de Irene Vallejo

Hai persoas  en xeral e escritores en particular que teiman en facer ver o moito que saben. Pero descoñecen, entre outras moitas cousas, o pedantes e insoportables que poden chegar a ser. Non é o caso de Irene Vallejo con “El infinito en un junco” (Siruela), unha obra na que queda patente a súa cultura e a inmensidade das súas lecturas e coñecementos sobre os libros sen que nos abraie se non é polo moito que se pode aprender coa súa agradable lectura. Como viaxe e aventura a través do tempo e do espazo, dun extremo a outro do mundo e dos comezos das máis remotas culturas aos escritores máis significativos do presente, fainos descubrir e disfrutar a historia do libro sen perdernos en ningún momento, retomando o camiño en moitas direccións desde certezas que nos lembra en cada caso como fundamentos perennes que xustifican a existosa existencia dese magnífico invento que chamamos libro.

Compártelo en las redes

Deja un comentario