Presentación de Enric, en Betanzos

José-Domingo Vales Vía resucita ao maior saqueador de obras de arte do século XX na novela “Enric el rojo: El ladrón que llegó del norte”, que presentou estes días na libraría Biblos de Betanzos. Ficción e realidade danse a man nesta novela na que o autor reconstrúe o período de tempo entre que René Alphonse … Leer más

“Derrotas”, a exposición de Tucho Calvo

“Derrotas” é o título da exposición de Tucho Calvo que poderá visitarse na libraría Biblos de Betanzos durante todo o mes de outubro. Esculturas de diversos formatos e composicións, fotografía e textos integran esta mostra na que as derrotas non son o efecto de ser vencido, senón máis ben todo o contrario. Fronte ao utópico … Leer más

Exposición de colaxes do poeta Manuel Álvarez Torneiro

“Don da mirada” é o título da exposición de colaxes do poeta Manuel Torneiro (A Coruña 1932-2019) que, coincidindo co seu quinto cabodano,  inauguramos en maio na libraría Biblos de Betanzos e que poderá visitarse ata o 16 de xuño. É unha homenaxe e un descubrimento. “Igual que aflora un río subterráneo, xestado na escuridade … Leer más

Diego Ameixeiras crea unha historia de amor e de iniciación política no momento convulso da Transición

Entre a ficción e a crónica histórica, cun pé nos feitos reais e outro na pura fabulación, Diego Ameixeiras recrea en Un anarquista os sucesos máis vibrantes da breve primavera libertaria de 1977 en Barcelona. Unha loita social que meses despois sería desbaratada polos servizos de intelixencia do Estado, cun episodio principal que pasaría a … Leer más

Exposición conxunta de arte transformadora de Moitomorro e Boor

Candela Ordóñez e Laura Calvo transfiguraron a sala de actos da libraría Biblos de Betanzos para dar a coñecer nunha exposición conxunta os seus respectivos proxectos artísticos de arte transformadora, “Moitomorro” e “Boor”. A Mostra leva por título “Do que sempre falaramos”. Educadoras sociais de formación, ambas atoparon no uso de materiais de refugallo (publicacións … Leer más

Agasalla música galega

“XX Encrucillada”, “Roibén”, “Diante un eco” e “Botánica”, son os novos traballos de Luar na Lubre, Guadi Galego, Sés e Abe Rábade que están á venda en Biblos. Pero hai máis: “Diluvio”, das Tanxugueiras; “Levantarse e caer”, de Xabier Díaz; “De tu casa a la mía”, de Uxía e Javier Ruibal…

María Pilar García Negro e Manuel Castelao conversan sobre a obra literaria de Carvalho Calero

Manuel Castelao Mexuto e María Pilar García Negro esclarecen a xénese da obra que os compendia “A poesía, o teatro e a narrativa de Carvalho Calero volven estar accesíbeis para o pobo a que entregou a súa vida”   Por virtude da publicación da obra “Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa” a … Leer más

David Pintor cumpre trinta anos como debuxante profesional

Nestes últimos anos quixen trasladar a miña experiencia como pai contador de contos ao meu traballo como ilustrador Coa mesma naturalidade coa que a tinta descende da pluma para impregnar o papel, David Pintor pasou de humorista gráfico de medios escritos, a secas, a converterse en autor dos textos e ilustracións dos seus propios libros. Caricaturista, pintor, artista polifacético e multipremiado, leva 30 anos mergullado no universo gráfico. Unha ollada á súa traxectoria revela unha intensa actividade arredor dunha manchea de editoras de … Leer más