Biblos en “No es un día cualquiera” de RNE

Da man de Antonio Lucas, o pasado domingo 6 de xuño debutamos no seu espazo “La librería”, dentro do programa radiofónico “No es un día cualquiera” que dirixe e presenta Carles Mesa en RNE1. Estes minutos son un auténtico agasallo para quen, día a día, nos esforzamos por facer valer o espíritu do libro e apostamos polo contacto directo coas persoas que decidides  visitar e mercar nos pequenos establecementos. Agardamos que aceptedes o convite e que vos acheguedes ata a libraría Biblos de Betanzos. Velaquí o enlace para escoitar as xenerosas palabras de Antonio Lucas (entramos despois do minuto 6.50, pero recomendamos tamén os comentarios sobre a obra de André Gide). Ata vérmonos.

Compártelo en las redes

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on pinterest
Share on linkedin

Deja un comentario