CAAMAÑO AMEIXEIRAS CD

Vimos de recibir exemplares de “Aire!”, o traballo discográfico do dúo formado en 2018 por Sabela Caamaño (acordeón cromático)  e Antía Ameixeiras (violín e voz). Na súa curta pero intensa traxectoria, Caamaño & Ameixeiras deron xa un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega como no ámbito internacional. Este traballo discográfico é de natureza principalmente instrumental, pero incorporando tamén algún tema vogal coidadosamente escollido. Segundo contan as propias protagonistas, Caamaño & Ameixeiras toma como punto de partida a tradición, entendida como algo vivo e en constante cambio, para crear despois unha linguaxe propia, con composicións e arranxos personais e íntimos que manteñen a esencia do popular con recursos contemporáneos incorporados.

Aire! está producido polo recoñecido músico burgalés Diego Galaz. Conta con colaboracións destacadas como as de Silvia Pérez Cruz, Fetén Fetén, Abraham Cupeiro, Xavi Lozano, Carola Ortiz, Pablo Martín, Apel·les Carod e El Pana.

 

Existe tamén un lote de postais con QR para escoitar as pistas do CD e imaxes diferentes de cada tema .

Fecha

05 Ago 2021
¡Caducado!

Hora

Todo el día