Arantza Portabales na libraría Biblos

Nestes días participamos de cheo da potencia narrativa coa que Arantza Portabales arrequece as súas novelas e da que goza a súa conversa en directo. Achegouse ata a libraría Biblos para participar na xuntanza mensual do Club de Lectura Biblos-IES Francisco Aguiar e debullar unha manchea de detalles arredor da súa obra “A vida secreta de Úrsula Bas”, na que de novo botou man da parella de policías formada por Santi Abad e Ana Barroso. A trama xira arredor dunha escritora de sona que desaparece de forma inexplicable. A partir de aí desenvólvese coa xenerosidade de quen decide que lectoras e lectores teñan mesmo maior coñecemento dos feitos ca os propios detectives.

“Se lee, se escucha y se escribe poesía/ para emprender un viaje verdadero”. Os versos son do libro “Cámara de resonancia” de David Eloy Rodríguez. O autor participou en Biblos nun contro poético canda ao andaluz residente en Betanzos Pedro del Pozo, que presentou a súa obra “De como sangra el lobo”.   Poesía con moito pouso e dúas descubertas nun mesmo encontro.

Fecha

26 Mar 2022
¡Caducado!

Hora

08:00 - 18:00

Deja un comentario