Somos pandeireteiras

Somos pandeireteiras

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Mercedes Peón,Ana Romaní,Selina Otero,Susana Sánchez Aríns,Natalia Balseiro,Andrea Nunes,María Reimóndez
ISBN: 9788411106092
Edición: Xaneiro 2025
Páginas: 112

17,95 

1 disponibles

Esta é a historia dunha serie de mulleres que, coa pandeireta na man, eran libres. Tal e como afirma Mercedes Peón no limiar, eran “libres de tocar, de berrar, de aloumiñar coa voz, de disociar e ornamentar mentres tiñan o seu transo en colectividade, libres de facer a foliada, donas do serán e donas da palabra”. A partir do recoñecemento desa liberdade, naceu o proxecto “Somos Pandeireteiras”. Este libro é unha consecuencia dese proxecto de pensamento e articulación social e cultural impulsado pola sororidade e promovido pola investigadora, pandeireteira e compositora Mercedes Peón. Nas súas páxinas, seis mulleres galegas contemporáneas: Ana Romaní, María Reimóndez, Andrea Nunes, Susana Sanches Arins, Mercedes Peón e Selina Otero recollen o testemuño desde a súa propia palabra.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Somos pandeireteiras”