Crocodilo namorado

Crocodilo namorado

Editorial: Kalandraka Editora
Autor: Daniela Kulot
ISBN: 9788484642886
Páginas: 32

16,00 

1 disponibles

Este título é o primeiro dunha serie protagonizada por Crocodilo e Xirafa, dous personaxes que se namoran e forman unha parella peculiar. Aparentemente, a súa relación podía resultar complicada
porque a diferenza máis notable entre eles é a estatura. Pero é aí onde Crocodilo emprega toda a súa maña, co obxectivo de chamar a atención de Xirafa. Así, sucédense situacións cheas de humor coas que Crocodilo procura que ambos se atopen para que Xirafa poida percibir o seu interese por ela. Pero o azar encárgase de frustrar ese cruce de olladas e de sorrisos necesario para que xurda a chispa do amor.
Un libro sobre un sentimento universal que explica -cunha linguaxe sinxela e próxima- o torrente de sensacións e de emocións que se producen en quen se namora. Tamén destaca por abordar este tema dende un enfoque global, partindo de situacións cotiás.
Nunha sociedade onde se procura a integración de razas, culturas, crenzas, e onde son cada vez máis habituais novas tipoloxías de familia, este álbum transmite unha mensaxe fundamental:
non é cuestión de altura, peso, idioma ou costumes; cando irrompe o amor, todas as barreiras son superables.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Crocodilo namorado”