Esta publicación recolle unha selección dos bosquexos e debuxos que Antonio Palacios Ramilo realizou en diversos cadernos de campo no transcurso dunha serie de percorridos que efectuou por Galicia cun marcado interese por coñecer a súa terra. Dentro dos estudios que recibiu a súa obra, este traballo supón unha novidade importante, xa que ademais de confirmar unha actividade pouco documentada en relación coa súa actividade profesional, achega unha valiosa información doutras facetas relevantes e pouco coñecidas, como a contribución do arquitecto porriñés ao rescate do románico e barroco.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.