A dama de Glenwith Grange

A dama de Glenwith Grange

Novela curta. “A dama de Glenwith Grange” publicouse por vez primeira en 1856, como parte da colección de relatos intitulada After Dark (onde só esta peza era inédita, pois as demais historias xa apareceran na revista inglesa de periodicidade semanal Household Words, editada por Charles Dickens), compilación para a cal o autor artellou un marco narrativo común, como el mesmo explica con detalle no prólogo incluído nesta edición. Guiado polo terratenente Garthwaite, o retratista Kerby achégase a Glenwith Beck, un río propicio para a pesca. Alí, o anfitrión confíalle ao artista a historia da señorita Ida Welwyn, a dama de Glenwith Grange, a quen deciden visitar e cuxa aura de melancolía causará unha fonda impresión en Kerby. Esa historia, a dos Glenwith, marcada por dobres identidades, ausencias e reaparicións inesperadas, acada, malia a súa brevidade, o nivel da mellor produción de Wilkie Collins. Velaquí, pois, un elegante melodrama tinguido polo engano e o delito no que o recoñecido autor inglés demostra o seu talento á hora tanto de construír como de dosificar unha intriga.

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: Wilkie Collins
ISBN: 9788412259308
Edición: 1ª Outubto 2020
Páginas: 60

7,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Novela curta. “A dama de Glenwith Grange” publicouse por vez primeira en 1856, como parte da colección de relatos intitulada After Dark (onde só esta peza era inédita, pois as demais historias xa apareceran na revista inglesa de periodicidade semanal Household Words, editada por Charles Dickens), compilación para a cal o autor artellou un marco narrativo común, como el mesmo explica con detalle no prólogo incluído nesta edición. Guiado polo terratenente Garthwaite, o retratista Kerby achégase a Glenwith Beck, un río propicio para a pesca. Alí, o anfitrión confíalle ao artista a historia da señorita Ida Welwyn, a dama de Glenwith Grange, a quen deciden visitar e cuxa aura de melancolía causará unha fonda impresión en Kerby. Esa historia, a dos Glenwith, marcada por dobres identidades, ausencias e reaparicións inesperadas, acada, malia a súa brevidade, o nivel da mellor produción de Wilkie Collins. Velaquí, pois, un elegante melodrama tinguido polo engano e o delito no que o recoñecido autor inglés demostra o seu talento á hora tanto de construír como de dosificar unha intriga.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A dama de Glenwith Grange”