Permacultura. Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor (2ª ed.)

Permacultura. Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor (2ª ed.)

Editorial: Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega
Autor: Alexandre Grande Babarro
ISBN: 9788412463590
Edición: 2ª (2023)
Páginas: 236

19,90 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Ademais dun sistema de deseño, a permacultura converteuse nunha filosofía de vida. Os seus principios e éticas sérvennos para habitar este planeta dunha forma máis responsable. Velaquí unha caixa de ferramentas coas que tomar conciencia e actuar cara a unha mudanza ecosocial necesaria.
Quen pense que a permacultura ten que ver coa disposición dos cultivos ou con bioconstrución, vai por bo camiño, pero non atopará aquí o típico libro de permacultura, senón un libro que vai moito máis alá. A súa esencia é nutrir e espallar a visión dunha permacultura integral e práctica que nos axudará a tomar consciencia dos retos actuais, a avaliar axeitadamente as nosas posibilidades e a tecer redes.
Desde as experiencias persoais e unha traxectoria profesional activa e activista, pero sobre todo desde a curiosidade cara a proxectos que apostan por outro mundo posible, Alexandre Grande Babarro preséntanos nesta obra unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos, ferramentas de deseño e recursos para un mundo mellor. Completa ademais a súa achega coa presentación de proxectos asentados en Galicia que nos propoñen respostas reais e viables ás crises ecolóxica e sistémica mundiais.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Permacultura. Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor (2ª ed.)”