Coímbra

Coímbra

18,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Ademais dunha rúa do barcelonés barrio de Horta, Coímbra é un mosaico onde Xosé de Cea vai construíndo, tesela a tesela, a epopea da emigración galega en Cataluña vivida por un neno. Testemuña dun tempo de convulsos cambios sociais que se precipitan tras a fin da ditadura franquista, verá como á transición política se superpoñen outras que condicionarán a súa educación sentimental, e mesmo a de toda unha sociedade.
De a cabalo da Bildungsroman e a novela autorreferencial, De Cea irá tirando da memoria, como fillo da diáspora xarnega, para tecer un relato de iniciación focalizado na desnortada travesía que vai da infancia á adolescencia. Pólvora, libros, desamor, pornografía, delincuencia… Os lectores e lectoras avanzarán a tropezos e puñadas co autor ata decatarse con el de que, ao final, aquela odisea migratoria que sacaría a millóns de homes e mulleres da fame e da miseria acabará deixando como herdanza o desarraigamento, o exilio e a condena.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Coímbra”