Cal é o significante de toda obra? Que é o que aborrecemos de nós?
Indubidablemente, todo aquilo que nunca poderemos dar. Segundo unha gratuidade que arremete con ser patolóxica, os efectos do medo na psique descolgan a verticalidade dos romances e orixinan, na súa completa innovación latexante, un remorso de seguros individuais, unha sorte de responsabilidades modernas. Unha Pedra, clarificada en orde e nun réxime único, compón no seu cavilar de árbores coma esqueletos desaugados unha Teoría chea de ocultación ideolóxica, de misticismo baldío, de terra de testo… Unha Teoría de experimentación depresiva na que somos nós, es ti e son eu, máis derradeiro có rexeitamento e máis vello ca deus entronizado.
A teoría da pedra
Sé el primero en valorar “A teoría da pedra” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.