“Ao seu xeito rebelde” -como el mesmo consideraba a súa actitude vital-, Francisco Fernández del Riego proxecta unha luz inmensa sobre a cultura galega contemporánea, como intelectual, editor, ensaísta e activista. Este libro pon o foco na súa traxectoria como líder dun efervescente movemento estudantil durante os anos de entusiasmo republicano, especialmente nunha das tarefas en que máis se empeñou: a galeguización da Universidade. Con moi interesantes achegas de Camiño Noia, Alonso Montero, Freixanes, Ramón Nicolás, Xosé M. Salgado e Henrique Monteagudo, focaliza dun xeito especial, recuperando nunha excelente escolma crítica unha manchea de textos de prensa, os anos universitarios dun mozo del Riego, entusiasta activista a prol da galeguización da Universidade durante a II República.
Francisco Fernández del Riego : ao meu xeito rebelde : Día das Letras Galegas 2023
Francisco Fernández del Riego : ao meu xeito rebelde : Día das Letras Galegas 2023
Editorial: Universidade de Santiago de Compostela
Autor: Henrique Monteagudo,Xosé M. Salgado
ISBN: 9788419679321
Edición: 1ª (2023)
Páginas: 244
20,00 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
Sé el primero en valorar “Francisco Fernández del Riego : ao meu xeito rebelde : Día das Letras Galegas 2023” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.