Francisco Fernández del Riego propón unha ampla e vizosa viaxe organizada en doce itinerarios ou peregrinacións co fío argumental que lle brindan uns amigos bretóns que veñen visitar o noso país e reciben a hospitalidade e a clarividencia do seu anfitrión. Galicia sitúase na liña da vella tradición de Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro ou de Xosé María Castroviejo, pero non esquece a memoria de antigos viaxeiros ilustrados como Borrow e Ford que deixaron por escrito as experiencias do seu camiñar pola nosa terra.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.