Natalia descobre o pasado familiar cando o seu pai, Manuel, cae enfermo e a súa nai, María, lle conta en longas conversas as circunstancias que ambos os dous viviron desde mozos. Manuel é un profesor de filosofía rebelde, que afronta a súa enfermidade con optimismo e está marcado por un pasado antifranquista que o levou a procurar seguridade fóra de España. Os problemas coa familia, o seu traballo docente, a fuxida de Madrid, a aparición de personaxes ligados coa resistencia á ditadura ou a música dos Beatles, vanse alternando co seguimento da enfermidade, coa relación entre o avó e o neto e coas conversas entre Natalia e a súa nai. O fío argumental principal vai dando pé a diversas historias de resistencia e subversión, historias inconformistas que relatan un tempo que marcou a ferro moitas vidas.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.