Textos representativos dos sete poemarios galegos de Antón Tovar (Rairiz de Veiga, 1921-Ourense, 2004) para adentrármonos na obra dun autor que, en palabras de Delfín Caseiro, responsable da biografía introdutoria, foi “un home desacougado, que semellaba vivir nun pesadelo eterno, intemporal, na procura infatigábel da luz, da calma, da verdade, da felicidade”. As angueiras existenciais da condición humana, que tan acertadamente plasma Tovar nos seus versos, marcan a lectura desta antoloxía. Son versos que nacen do íntimo, que suscitan unha profunda emoción e a reflexión crítica de quen se deixa seducir pola súa lectura. Este libro rescata unha das voces líricas máis importantes da segunda metade do século XX, precisamente arredor da celebración do centenario do nacemento de Antón Tovar.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.