Unha observación distinta dos lazos familiares utilizando a palabra en vez do bisturí para extirpar un sentimento. Esoutra visión do amor na madurez como nunca se dixo antes. O ollar, coma un obxectivo, a enfocar os detalles máis cotiáns que temos diante e, en tantas ocasións, non nos decatamos. Un brinde pola imposibilidade. O desespero como algo doce na nosa inmobilidade. O autor é xornalista e ten unha longa traxectoria literaria tanto na narrativa como no teatro e a poesía, xéneros todos nos que recibiu diversos premios (neste caso, a última edición do Johan Carballeira). En Biblos publicou un conxunto de pezas dramáticas breves no volume Elas, que din.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.