A travesa boneca Emilia, movida polo desexo de pór fin á Segunda Guerra Mundial, desconecta a Chave do Tamaño na Casa das Chaves, e realiza así “unha cousa colosal, a cousa máis colosal xamais acontecida no mundo”: reduce todos os seres humanos (e só a eles!) a un tamaño minúsculo, próximo ao dos insectos. O seu xesto desencadea incribles consecuencias e obriga os diminutos seres humanos a reorganizar todos os seus hábitos, prácticas e a súa visión de mundo.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.