Sutura

Sutura

A sutura remenda corpos e compón un collage da vida sobre a vida. Unha superposición de fragmentos que transitan nesta voz resistente, habitante dos lugares penúltimos onde ninguén quere chegar. Aí abrolla unha flor de estraña fermosura que nunca deveceu pola beleza regada con barbitúricos, alcol e a paciencia de saberse enraizada nos arames e dependente dun zume violento e irreversible. Xogar coa morte coma quen é o centro dunha ruleta rusa que se autoinflixe castigo e pracer ao mesmo tempo e nesa franxa estreita nin máis nin menos ca existir. A sutura é breve e contundente, precisa de poucas palabras para narrarse, contén na propia cicatriz o gume finísimo co que gravou a palabra poética Vanessa Glemsel, finísimo por agudo e por cortante, calquera lectura con apenas unha mínima sensibilidade ao tacto sairá ferida. Se pretendemos escapar ao seu impacto e situarnos nun territorio neutral, é probable que aí a poesía non aconteza. Silvia Penas Estévez

Editorial: Editora Urutau
Autor: Vanessa Glemsel
ISBN: 9788571051539
Edición: 2019
Páginas: 50

12,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

A sutura remenda corpos e compón un collage da vida sobre a vida. Unha superposición de fragmentos que transitan nesta voz resistente, habitante dos lugares penúltimos onde ninguén quere chegar. Aí abrolla unha flor de estraña fermosura que nunca deveceu pola beleza regada con barbitúricos, alcol e a paciencia de saberse enraizada nos arames e dependente dun zume violento e irreversible. Xogar coa morte coma quen é o centro dunha ruleta rusa que se autoinflixe castigo e pracer ao mesmo tempo e nesa franxa estreita nin máis nin menos ca existir. A sutura é breve e contundente, precisa de poucas palabras para narrarse, contén na propia cicatriz o gume finísimo co que gravou a palabra poética Vanessa Glemsel, finísimo por agudo e por cortante, calquera lectura con apenas unha mínima sensibilidade ao tacto sairá ferida. Se pretendemos escapar ao seu impacto e situarnos nun territorio neutral, é probable que aí a poesía non aconteza. Silvia Penas Estévez

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Sutura”