Este libro recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. Son un monllo de vidas que abanean entre o marabilloso e o absurdo, vidas intensas que petan con forza á nosa beira. Un exlexionario fantasía con tempos felices sobre os areais de Melilla; un aspirante a estrela do boxeo combate sobre o ring dunha Detroit moi doméstica; a raíña, a piques de ser destronada, escríbelle compulsivamente ao seu confesor. Coa súa habilidade e mestría habitual, Xosé Ramón Pena ofrécenos historias cheas de vida, como a crónica aceda da «máis chula do barrio», atrapada entre o thriller e o terror ou os amores e desvaríos dun aprendiz moderno de pirata coxo.
Todas as vidas

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Narrativa
Autor: Xosé Ramón Pena
ISBN: 9788491217053
Edición: 1ª (setembro 2020)
Páginas: 384
23,50 €
1 disponibles
Sé el primero en valorar “Todas as vidas” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.