O plástico é un potente símbolo de modernidade, pero tamén das súas contradicións. As toneladas de residuos que infestan os océanos e os microplásticos que amezan a nosa saúde son o reflexo dunha sociedade baseada no crecemento ilimitado e no consumo sen control. A batalla contra o plástico xa está en andamento. Porén, con tantas dúbidas e sobreinformación, ás veces queremos cambiar de hábitos e non sabemos como.
“Adeus, plástico!” propón suxestións para varios niveis de implicación: principiantes que comezan a familiarizarse co tema, expertos que xa levan tempo tomando medidas para reducir a súa pegada ecolóxica e profesionais, empresas e institucións cuxo impacto ambiental ten maior repercusión. Elisa Nicoli (a autora de Limpeza creativa) e Chiara Spadaro explican o panorama actual con cifras e datos chave, deixan ao descuberto o problema dos plásticos de usar e desbotar (para o ambiente e tamén para a saúde humana), falan das consecuencias da obsesión pola reciclaxe e as alternativas posibles, e propoñen múltiples recursos e recomendacións prácticas para pasar á acción e vivir comodamente sen plástico.
Adeus, plástico! : chaves para unha vida sen residuos

Editorial: Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega
Autor: Elisa Nicoli,Chiara Spadaro
ISBN: 9788412249996
Edición: 1ª (2021)
Páginas: 240
19,90 €
1 disponibles
Sé el primero en valorar “Adeus, plástico! : chaves para unha vida sen residuos” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.