O fío

O fío

Simpático e disparatado, este relato rimado comeza cunha anécdota inocente e insignificante: quen non tirou dun fío que lle sobresaía da chaqueta… Así o fai o neno protagonista desta historia, cuxa curiosidade por chegar ao extremo final da febra vólvese insaciable e ata extenuante.
Porque paradoxicamente, canto máis intenta desintrincalo, máis se enreda o fío en si mesmo e tamén no escenario onde transcorre a acción, como se o filamento falcatrueiro formara parte dos trazos das ilustracións.
O texto de Gracia Iglesias desprende humor e ironía. Co seu ritmo dinámico e creando unha tensión narrativa que vai in crescendo, atrapa a atención do público, expectante por coñecer o intrigante desenlace do conto.
Rosa Osuna súmase ao xogo cunha proposta plástica na que predominan os fondos neutros sobre os que destacan -con intenso colorido- o protagonista e outros personaxes cómplices que a ilustradora engade na trama visual.
Na expresividade do neno aprécianse os cambios no seu estado de ánimo, que vai do interés inicial, á preocupación, á sorpresa ou á trasnada, ata o esgotamento final.
A nudez humana represéntase con naturalidade, mentres que a ‘nudez’ do espazo -a medida que aumenta a madeixa de fío- apela á imaxinación dos lectores.

Editorial: Kalandraka Editora
Colección: Demademora
Autor: Gracia Iglesias
ISBN: 9788484649908
Edición: 1ª (maio 2016)
Páginas: 36

14,00 

1 disponibles

Simpático e disparatado, este relato rimado comeza cunha anécdota inocente e insignificante: quen non tirou dun fío que lle sobresaía da chaqueta… Así o fai o neno protagonista desta historia, cuxa curiosidade por chegar ao extremo final da febra vólvese insaciable e ata extenuante.
Porque paradoxicamente, canto máis intenta desintrincalo, máis se enreda o fío en si mesmo e tamén no escenario onde transcorre a acción, como se o filamento falcatrueiro formara parte dos trazos das ilustracións.
O texto de Gracia Iglesias desprende humor e ironía. Co seu ritmo dinámico e creando unha tensión narrativa que vai in crescendo, atrapa a atención do público, expectante por coñecer o intrigante desenlace do conto.
Rosa Osuna súmase ao xogo cunha proposta plástica na que predominan os fondos neutros sobre os que destacan -con intenso colorido- o protagonista e outros personaxes cómplices que a ilustradora engade na trama visual.
Na expresividade do neno aprécianse os cambios no seu estado de ánimo, que vai do interés inicial, á preocupación, á sorpresa ou á trasnada, ata o esgotamento final.
A nudez humana represéntase con naturalidade, mentres que a ‘nudez’ do espazo -a medida que aumenta a madeixa de fío- apela á imaxinación dos lectores.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O fío”