“Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín”. Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación do autoodio: despreza as súas orixes, a súa terra e a súa clase social. Odia a súa deforme nai, o seu fracasado pai, o seu beato irmán, a súa rancorosa avoa e o seu inútil único amigo. Odia o cheiro da súa vila mariñeira, odia os seus veciños pailáns e odia a súa rústica lingua. Cre que a vida lle ten preparado algo mellor que a mediocridade que o rodea, que a súa beleza e o seu intelecto merecen algo máis, polo que o seu único obxectivo é marchar e romper para sempre cos vínculos que o atan ao lugar e ás persoas que o viron nacer. Ninguén o deterá no seu camiño ao “éxito”.
Nesta novela acompañamos a Anxo na súa fuxida das orixes e asistimos abraiados e, en moitas ocasións, mortos de risa, ao seu fulgurante ascenso ao máis baixo. Vantaxista, disoluto, libertino e tamén ruín, perverso e depravado son algúns dos adxectivos que adornan este odiador que, de xeito descarnado e hilarante, nos narra a súa vida.
Memorias dun exgalego

Editorial: Editorial Laiovento
Colección: Narrativa
Autor: Josiño Araújo Pérez
ISBN: 9788484875499
Páginas: 294
21,95 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
Sé el primero en valorar “Memorias dun exgalego” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.