Educar a través da arte : cara a unha escola imaxinada

A arte como acción creadora é o núcleo deste primeiro libro de temática pedagóxica de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás, dirixido tanto ao profesorado en activo como a futuros docentes, especialmente de Educación Infantil e de Primaria, mais tamén de Secundaria.
A través da creación artística, proponlles un modelo de traballo para iniciar verdadeiros cambios educativos, baseados no desenvolvemento de procesos persoais que foxen das respostas estereotipadas e convencionais. «Educar a través da arte» anima a abandonar métodos “directivos” en favor de alternativas que poñan en valor a diversidade e a diferenza.
As metodoloxías interiorizadas e experimentadas ao longo da etapa escolar, así como as convencións socioculturais, poden limitar o desenvolvemento de accións innovadoras e de calidade se non hai unha toma de conciencia para interrompelas na formación inicial ou continua do profesorado. Tomando como referencia a teóricos que, como John Dewey, cuestionaron o papel estático da cultura, os autores defenden a práctica dun modelo “produtivo” -baseado
no proceso- fronte ao modelo “reprodutivo” -que prima o resultado- predominante no sistema educativo actual.
A diferenza das actividades pechadas e estáticas, que desdeñan a experiencia cotiá, o diálogo e o sentido crítico, as propostas de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás favorecen a creación persoal dos estudantes e potencian a súa capacidade para transformar o mundo a través de infinidade de formas de expresión, técnicas e materiais.
As experiencias “performativas” que recolle esta obra van dende o traballo co papel e co barro, ata o debuxo experimental. Estas e outras iniciativas recóllense na web do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada, un colectivo composto por profesionais das artes, da arquitectura, da filosofía e da Educación Infantil e Primaria que tenta achegar ás escolas metodoloxías baseadas
nas artes, ademais de contribuír ao deseño de espazos e recursos educativos de calidade.

Editorial: Kalandraka Editora
Colección: Biblioteca de Pedagoxía
Autor: Vicente Blanco,Salvador Cidrás,Rocío Modia (colaboración)
ISBN: 9788484642145
Edición: 1ª (decembro 2019)
Páginas: 160

18,00 

1 disponibles

A arte como acción creadora é o núcleo deste primeiro libro de temática pedagóxica de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás, dirixido tanto ao profesorado en activo como a futuros docentes, especialmente de Educación Infantil e de Primaria, mais tamén de Secundaria.
A través da creación artística, proponlles un modelo de traballo para iniciar verdadeiros cambios educativos, baseados no desenvolvemento de procesos persoais que foxen das respostas estereotipadas e convencionais. «Educar a través da arte» anima a abandonar métodos “directivos” en favor de alternativas que poñan en valor a diversidade e a diferenza.
As metodoloxías interiorizadas e experimentadas ao longo da etapa escolar, así como as convencións socioculturais, poden limitar o desenvolvemento de accións innovadoras e de calidade se non hai unha toma de conciencia para interrompelas na formación inicial ou continua do profesorado. Tomando como referencia a teóricos que, como John Dewey, cuestionaron o papel estático da cultura, os autores defenden a práctica dun modelo “produtivo” -baseado
no proceso- fronte ao modelo “reprodutivo” -que prima o resultado- predominante no sistema educativo actual.
A diferenza das actividades pechadas e estáticas, que desdeñan a experiencia cotiá, o diálogo e o sentido crítico, as propostas de Vicente Blanco e de Salvador Cidrás favorecen a creación persoal dos estudantes e potencian a súa capacidade para transformar o mundo a través de infinidade de formas de expresión, técnicas e materiais.
As experiencias “performativas” que recolle esta obra van dende o traballo co papel e co barro, ata o debuxo experimental. Estas e outras iniciativas recóllense na web do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada, un colectivo composto por profesionais das artes, da arquitectura, da filosofía e da Educación Infantil e Primaria que tenta achegar ás escolas metodoloxías baseadas
nas artes, ademais de contribuír ao deseño de espazos e recursos educativos de calidade.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Educar a través da arte : cara a unha escola imaxinada”