No verán de 1975, no Ferrol que tres anos atrás vivira tráxicas xornadas de insurrección obreira, Moncho Reboiras cae abatido logo dunha asañada persecución da policía franquista. Décadas despois, un comité de emerxencia impulsa a loita contra unha agresión ecolóxica produto da arbitrariedade corrupta e a cobiza. Xa a comezos do século actual, o reporteiro gráfico Nardo Negro documenta eses acontecementos desde os días vertixinosos do Nunca Máis e do Non á Guerra, nun dos momentos de maior manipulación política da Televisión de Galicia. Ao tempo, Marabillas Párraga, unha singular monxa galeguista e de esquerdas, nárrao todo para nós con precisión e claridade. En Matarán a Reboiras, Luís Rei Núñez déixase guiar polos seus protagonistas e propón unha novela na que mandan as vidas e os tempos, sempre incertos.
Matarán a Reboiras

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Narrativa
Autor: Luís Rei Núñez
ISBN: 9788411100762
Edición: Marzo 2022
Páginas: 480
24,95 €
1 disponibles
Sé el primero en valorar “Matarán a Reboiras” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.