O visitador do preso

O visitador do preso

Concepción Arenal dedicou boa parte dun inesgotable activismo social e intelectual ao estudo crítico da realidade penal española. Serviuse da experiencia acumulada no desempeño dos cargos oficiais de visitadora de cárceres de mulleres da Coruña (1863) e inspectora de casas de corrección de mulleres (1868-1873) e, sobre todo, do seu talento, sensibilidade e intuición para a redacción de obra que a sitúan nun posto de gran relevancia nos estudos penais europeos: Cartas a los delincuentes (1865), Estudios confesores (1877), O visitador do preso (1893). Esta é unha das obras de referencia para o estudo das ideas centrais do seu pensamento penal. Prólogo e tradución de Fernando Vázquez-Portomeñe e Gumersindo Guinarse Cavada.

Editorial: Universidad de Santiago de Compostela
Autor: Concepción Arenal
ISBN: 9788418445392
Páginas: 180

10,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Os vinte e un capítulos de O visitador do preso, Concepción Arenal aborda os conceptos de delito, delincuente, arrepentimento e emenda, e examina as virtudes e condicións que debe reunir o visitador de prisións, a finalidade das súas visitas, a linguaxe que debe empregar, o tratamento dos presos segundo o xénero e a idade, todo co pano de fondo da situación en que, mediando o século XIX, se atopaban os cárceres españois. Socióloga e investigadora social, valente e adiantada ao seu tempo, partidaria dun sistema penal moderno que fixese posible a correción do penado, as aspiracións reformistas de Arenal materializaranse coa chegada da segunda República.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O visitador do preso”