Proleterka

Proleterka

Editorial: Faktoria K de Libros
Colección: Narrativa
Autor: Fleur Jaeggy
ISBN: 9788419213174
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 116

13,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Un grupo de turistas está a piques de embarcar no Proleterka, un buque iugoslavo atracado en Venecia que iniciará en breve a singradura cara a Grecia.
Os últimos en cruzar a pasarela son unha adolescente de quince anos e o seu pai. Entre ambos os dous hai un distanciamento total e, ao mesmo tempo, un estraño vínculo que se remonta a un escuro tempo remoto.
Durante esta viaxe iniciática, a filla desexa saber algo máis sobre Johannes, un home ao que apenas coñece, pero, sobre todo, gustaríalle descubrir esoutra cousa incógnita: a vida como experiencia, ata entón só imaxinada dende dentro dos muros do internado, onde medrou sen o afecto da familia.
Varios anos despois, aquel cruceiro fica considerado como unha metáfora da vida e unha viaxe á terra dos mortos, que “chaman cando senten que nos convertemos en presas e é hora de ir de caza”.
Delicada e precisa, «Proleterka» é unha novela breve e chea de simbolismos que, a través dos recordos e das emocións dos protagonistas, aborda a incerteza, o resentimento, a dor familiar e a desconfianza, escrita cun estilo contido e sucinto, seco e directo, pero tamén intenso e conmovedor.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Proleterka”