As coleccións de leis que se presentan neste volume son compilacións que varían en sofisticación legal e literaria, e que foron recollidas por escribáns nas escolas e centros reais da antiga Mesopotamia, entre os séculos XVIII e o I a.n.e. Algunhas destas coleccións, como o famoso Código de Hammurabi, tiveron unha expansión e unha influencia determinante na historia da humanidade, e supuxeron un dos primeiros intentos do ser humano por dotarnos dun marco que regulase as relacións humanas.
Os textos aquí presentados, en tradución directa ao galego, teñen como característica común procederen todos de orixinais en lingua acadia (en concreto en paleobabilonio, variedade arcaica da lingua da área de influencia de Babilonia) e relacionados coa metrópole babilonia.
Código de Hammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica
Sé el primero en valorar “Código de Hammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.