A Ponte do Porco agocha unha drámatica historia: o nacemento dun heroe que se converterá en lenda para sempre. Roxín Roxal é un personaxe do imaxinario medieval popular galego, cun nome sonoro e evocador, vencellado á comarca do Eume. O relato cumpre con todos os elementos das recorrentes aventuras medievais marcadas pola diferenza das clases sociais. Unha Bd xuvenil que recupera a lenda de tradición medieval recollida por Leandro Carré Alvarellos no seu libro Leyendas tradicionales gallegas, guionizada agora por Manel Cráneo e con fermosos debuxos de Brais Fierro. Acción, intriga e aventura asegurada.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.