Arrepío

Arrepío

Editorial: Demo Editorial
Autor: Mabel Lareo,Javi Montes,Rubén Rial,Álvaro López,Santy Gutiérrez,Tomás Guerrero,Bento Carroña,Dani Xove,Luís Sendón,Greta Debbelius,Inés Vázquez,Marcos Calo,Manel Cráneo
ISBN: 9788412469516
Edición: Xullo 2022
Páginas: 110

14,90 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Trece historias de medo arrepiante que amosan a Galicia máis escura. Este volume nace dunha proposta da editora para facer unha revisión da tradición popular arredor do medo, o misterio e a morte na procura de novas lendas que encaixar nun roteiro de escenarios da xeografía de noso. Cada un dos participantes escolleu un lugar con total liberdade e cun só condicionante: a ambientación sería no século pasado au a finais do anterior, para darlle un percorrido histórico ficticio a cada unha das historias. Todas elas teñen tamén en común a cor negra da tinta, o escuro do guión e o branco dunha clara intención fantasmagórica: producir arrepíos. Participan Bento Carroña, Dani Xove, Inés Vázquez, Marcos Calo, Mabel Lareo, Rubén Rial, Santy Gutiérrez, Tomás Guerrero, Álvaro López, Luis Sendón, Greta Debelius, Manel Cráneo e Javi Montes. As cubertas son de Víctor Rivas.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Arrepío”