Chega “Popsía”, o novo proxecto musical de Fran Amil

Clásicos da poesía galega en ritmos actuais

Pop, soul, rock, funky e outros ritmos en mestizaxe coas raíces da música galega. Isto é “Popsía” o novo disco co que Fran Amil quere achegar os clásicos da lírica galega de tódolos tempos á mocidade do século XXI. Válese dun animoso ton de xúbilo que sorprende en moitos dos temas, algúns mesmo tradicionalmente tan pouco ligados ao alborozo como ”Negra sombra”. Mendiño, Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro, Amado Carballo, Avilés de Taramancos, Antón Tovar, Xosé María Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro, Afonso X O Sabio e Valle-Inclán soan brillantes e como non o fixeran ata o de agora. Rimas de sempre a ritmos bailabeis para encher a mente de enerxía positiva. Acompañan a Fran Amil nesta xeira un grupo de brillantes músicos que sacan o mellor dos seus instrumentos (guitarras, saxo, trompeta, pandeireta, gaita, teclados, violín e baixo, entre outros). Carlos Amil fíxose cargo da produción musical. Fran e Carlos estiveron estes días na libraría Biblos de Betanzos para compartir con nós o itinerario deste proxecto que augura ser de longo percorrido. De aí que o título do disco leve emparellado o prometedor desafío de ser o “Volume I”.

Compártelo en las redes

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on pinterest
Share on linkedin

Deixa un comentario