Novo club de lectura sobre ciencia

O vindeiro mes de setembro botará andar Biblosbios, un club de lectura centrado en libros de divulgación científica relacionada coa Bioloxía. Pretende ser un punto de encontro para persoas con capacidade para o asombro e curiosidade polo mundo no que vivimos, sen necesidade de seren especialistas. Estará a cargo de Salvador Fojón, doutor en Medicina, … Ler máis

“Bágoas”, exposición de tintas de Iria Prol

O sábado 13 de xuño, na libraría Biblos de Betanzos inauguramos “Bágoas”, unha exposición de tintas de Iria Prol nas que converte a lágrima en linguaxe de resistencia. “Bágoas” é unha serie de ilustracións realizadas a man que exploran as lágrimas como resposta emocional e política fronte ás crises do presente: guerras, violencia, colapso climático … Ler máis

A maxia das aves

Presentación libro Volando van

Imposible non renderse ao entusiasmo dos autores e non sucumbir diante da maxia das aves. Antonio Sandoval e Carlos de Hita estiveron o 19 de xuño na libraría Biblos de Betanzos para presentar “Volando van. Relatos de aves viajeras” (Anaya Touring), un libro fascinante no que mediante textos escritos e rexistros sonoros achegan un fato … Ler máis

Agasalla música galega

“XX Encrucillada”, “Roibén”, “Diante un eco” e “Botánica”, son os novos traballos de Luar na Lubre, Guadi Galego, Sés e Abe Rábade que están á venda en Biblos. Pero hai máis: “Diluvio”, das Tanxugueiras; “Levantarse e caer”, de Xabier Díaz; “De tu casa a la mía”, de Uxía e Javier Ruibal…

Las 104 palabras de los colores de la naturaleza

Na libraría Biblos de Betanzos contamos xa con exemplares do fermoso libro de Mónica Fernández-Aceytuno titulado “Las 104 palabras de los colores de la Naturaleza”. É unha sorpresa fantástica para quen quedamos prendidos nos seus textos anteriores e un bonito agasallo para compartir agora e sempre cos amantes da natureza. “Para escribir de los colores, … Ler máis

Novo disco de guadi galego

Costuras é o título do quinto disco en solitario de Guadi Galego, con dez cancións asinadas por ela e Carlos Abal que transitan dende mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador. Complementan o traballo tres colaboracións: a das poetas Antía Otero e Marina Oural, e a da cantante … Ler máis