Exposición de Omar Kessel: Solo lápiz

A libraría Biblos de Betanzos (Rúa de Santiago, Nº 4) acolle unha exposición do artista cubano Omar Kessel ( A Habana, 1953). Baixo o título “Solo lápiz”, está composta por dez obras  de debuxo sobre papel en formato grande e dúas tallas de madeira pintada en oco. A mostra estará aberta en horario de 10 … Ler máis

Calendario sonoro das paisaxes

Para amantes da natureza vimos de recibir esta alfaia de Carlos de Hita, publicada por Anaya: “El sonido de la naturaleza. Calendario sonoro de los paisajes de España”. O gran “escoitador” Carlos de Hita fai un doble relato: o literario, apoiado amais en preciosas ilustracións de Francisco J. Hernández, e o sonoro, para deixar que … Ler máis

Feminismo

“Coñecer o feminismo comezou a darme as respostas e salvoume, sen dúbida, de morrer afogada dentro de min mesma”. Quen así se pronuncia é Miriam Couceiro Castro (Ordes, 1985) autora do libro “A Galiza feminista. Tebras e alboradas”, do que nos falou onte na libraría Biblos de Betanzos. No texto aborda unha panorámica global do … Ler máis

Sinatura de libros

Correa Corredoira, X. H. Rivadulla Corcón e o debuxante Miguelanxo Prado estiveron onte na libraría Biblos para asinar exemplares dos seus libros. No caso deste último, personaxes de “O Pacto do Letargo”, “Amani”, “Quotidiania delirante”… reviviron ao saír de novo da man do máis internacional dos historietistas galegos. Unha grandísima alfaia no Día das Letras.

Xa temos “Animalia 3. Azul”

Adiviña cal pode ser un libro cheo de algunhas criaturas do mar tenras, outras feroces, moitas delas enxeñosas, outras varias divertidas e case todas ata un chisco humanas? Pois claro: “Animalia 3. Azul”! A tan agardada terceira entrega do universo animal en banda deseñada do ilustrador Xosé Tomás, que  vén de chegar nestes días á … Ler máis

O Parque do Pasatempo de Betanzos

Ángel Arcay Barral, Yosune Duo Suárez e Jose Souto Santé  son os autores do libro “El parque del Pasatiempo de Betanzos” que vén de chegar á libraría Biblos de Betanzos. Os autores reparan polo miúdo en 110 elementos do emblemático parque creado por Juan García Naveira nunha obra profusamente ilustrada con fotografías e infografías.  Malia … Ler máis