Exposición de fotografías e haikus de Helena Villar Janeiro

Ata o 26 de novembro pode visitarse na libraría Biblos de Betanzos a exposición de fotografías e haikus da escritora Helena Villar Janeiro. Leva por título “Luz e mar en Setefogas” e está composta por imaxes de 74 x 49 cm que captan xogos da luz sobre a auga. A mostra forma parte do ciclo “Nómades. Entre a palabra e a imaxe” que comanda Inma Doval que dá a coñecer a obra de artistas galegas que transitan entre a obra escrita, sexa narrativa, ensaio ou poesía, e outras de compoñente máis visual, como a pintura, a fotografía e a colaxe.

Date

21 Nov 2022
Expired!

Time

08:00 - 18:00

Deixa un comentario