27 artistas galegas e portuguesas amosan unha “Segunda face”

A sala multiúsos da libraría Biblos de Betanzos acolle a exposición de máscaras artísticas que leva por título “Segunda face”.  Vinte e sete artistas galegas e portuguesas expoñen un total de 54 obras. O leit motiv é converter a máscara que amordaza nun obxecto artístico, tal e como apuntou a escritora Emma Pedreira, encargada de abrir a mostra.

Inma Doval, promotora do evento, apunta no catálogo que un dos obxectivos é suscitar a reflexión sobre os distintos usos das máscaras ao longo da historia da humanidade e, por enriba de todo, lembrar a capacidade sanadora da arte para reverter situacións adversas.  “A máscara –sinalou na súa presentación do evento– pode ser reclusión e invisibilidade no entanto é, asemade, unha segunda pel; é anonimato e unha nova boca para berrarmos; para nosoutras, artistas, constitúese en lenzo onde deitar unha mensaxe de loita, anónimas, porén, non invisíbeis”.

O beneficio da venda das máscaras artísticas destinarase á Asociación Mirabal, entidades en ánimo de lucro que mira polas vítimas da violencia de xénero e a defensa dos menores. Pode visitarse ata o 30 de novembro, de luns a sábado, en horario de 10-14 e de 17-21 horas.

Date

27 Set 2020 - 30 Nov 2020
Expired!

Time

All Day