Theodor Kallifatides en Betanzos

«Cuando pienso en mi vida veo una línea que está también presente en “Timandra”: el deseo de libertad y el de encontrase a uno mismo». Quen así falou é Theodor Kallifatides, o autor sueco de orixe grego que estivo en Betanzos o 5 de maio para compartir con númeroso público ao longo de toda a xornada a súa traxectoria, persoal e literaria. Timandra foi unha das fascinante figuras femininas da antigüidade grega. Para Kallifatides, a que leva o nome da hetera é se cadra a mellor novela que escribiu. Na cerna están o amor e a guerra, dos que fala co adobío dunha prosa meditada na que abundan sutiles sentenzas. O acto de Betanzos estivo organizado polo IES Francisco Aguiar, SEEC Galicia e SOS Clásicas, coa colaboración do Concello de Betanzos, Galaxia Gutemberg e a libraría Biblos. Durante o mesmo o escritor sueco avanzou que a súa seguinte novela titularase “Amor y morriña”. Si, así, con esa palabra tan nosa. “Si hay una palabra en gallego que expresa lo que siento y está en todos los diccionarios, ¿por qué no usarla?”, manifestou.    

«Morriña es la palabra que yo quería encontrar para referirme al dolor de estar en un país extranjero». Descubriuna ao ler a tradución ao castelán da súa obra “El asedio de Troya” que fixo Neila García para Galaxia Gutemberg. “En la traducción de utilizaba esa palabra para hablar de que los soldados griegos echaban de menos su tierra, y me gustó”.

Compártelo en las redes

Deixa un comentario