Biblos clube de lectores
Todos os títulos da coleção Essencial de Leya
 + Buscador BIBLOS
 
  9730 Referencias
  Buscar
PRESENTACIÓN SUBSCRICIÓNS PEDIDOS PROMOCIÓNS
+ Portada ++ Contacto ++ Ver compra +


 ¡ BENVIDO !
 + Usuario
 
 + Contrasinal
 

  


 PRIMEIROS CAPÍTULOS
 EMMA PEDREIRA
 «As cinzas adentras»
 XAVIER FRÍAS
 O pai do artista
 HONORÉ DE BALZAC
 Eugénie Grandet
 CARLOS AMIL
 Benaventurados os que aman
 RAÚL VEIGA
 Esta noite no cinema
 LITO CARAMÉS
 E agora pasa un tren
 LOIS PEÑA NOVO
 La Mancomunidad Gallega
 IRIA LÓPEZ TEIJEIRO
 Meniña de cristal
 PABLO ROIBÁS PAINCEIRA
 O xuízo de Kaissa
 EVA VEIGA
 Desconcerto
 INMA LÓPEZ SILVA
 Non quero ser Doris Day
 SANTIAGO LOPO E NORBERTO FERNÁNDEZ
 Game over
 EVA VEIGA
 Desconcerto II
 CARLOS FREIRE CORDEIRO
 Acompañamento para fuga
 XABIER IGLESIAS
 Daniel e a Porta do Ceo
 XOSÉ CARLOS CANEIRO
 Blue Moon
 TUCHO CALVO
 Corazón entre desertos
 MANUEL LOURENZO
 Medea dos fuxidos e outras pezas
 XAVIER CASTRO
 A mesa e manteis. Historia da alimentación en Galicia
 MARICA CAMPO
 Onde houbo lume
 ELENA VEIGA RILO
 Morte en fucsia
 XOSÉ DÍAZ DÍAZ
 Fraquezas
 IRIA MORGADE VALCÁRCEL
 Verbas no ar
  + AUTORES
 
Literatura


XULIO PARDO DE NEYRA
 As orixes da Literatura Infantil Galega (1918-1936)
Indaga na tarefa de quen desde comezos do século XX, rexionalistas primeiro e nacionalistas despois, quixeron organizar un corpus literario especificamente infantil en idioma galego.
ISBN:
84-9750-618-9
Páxinas: 208

12 × 18,5 cm
USC
Prezo
9 €
Xosé Ramón Pena
 Historia da Literatura III. De 1916 a 1936
Narración da etapa vivida polas letras galegas entre 1916, data da fundación das Irmandades da Fala, e xullo de 1936. Unha xeira que mereceu o cualificativo de «anos de prata», xa que é o tempo da consolidación da literatura galega.
ISBN:
978-84-9121-107-5
Páxinas: 520

17 × 24 cm
Xerais
Prezo
23,75 €
XULIO PARDO DE NEYRA
 Os cabaleiros petan nas portas da literatura. A figura do heroe cabaleiresco na literatura galega co
Obra que profunda na relación entre literatura e historia social, e indaga na procedencia e relacións coa fidalguía do Antigo Réxime dos homes e mulleres que compoñen a nómina de escritores dos séculos XIX e comezos do XX.
ISBN:
84-8485-216-4
Páxinas: 428

17 × 24 cm
Ediciós do Castro
Prezo
18,53 €


Xosé Ramón Pena
 Historia da Literatura Galega I.Das orixes a 1853
Primeiro volume dos catro que conformarán unha obra que pretende un relato coherente da produción literaria desde a Idade Media até a actualidade.Este primeiro tomo abrangue o medievo,a etapa dos trobadores,os Séculos Escuros e os inicios do Rexurdimento.
ISBN:
978-84-9914-551-8
Páxinas: 440

17 × 24 cm
Xerais
Prezo
23,75 €
Xosé Luís Axeitos
 Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía
Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a véla os douscentos días de mar preceptivos na procura dun medio de vida. E desembarcou ao ano seguinte, sen traballo pero consagrado como poeta.
ISBN:
978-84-9121-188-4
Páxinas: 304

14,5 × 22 cm
Xerais
Prezo
18,95 €
Paco López-Barxas e José Antonio Perozo (Ed.)
 Mazurca para Camilo José Cela
Textos diversos queren lembrar o nacemento do único Nobel de Literatura e recuperar a memoria do artífice dalgunhas das mellores páxinas da literatura universal e moderna. Ilustración da portada de Isabel Pintado. En castelán.
ISBN:
978-84-945493-3-5
Páxinas: 214

Auga Editora
Prezo
23,75 €


DOLORES VILAVEDRA
 A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2010
A autora analiza dende a perspectiva actual a historia da narrativa galega das derradeiras décadas do século XX a partir de voces xa consolidadas no período anterior como Ferrín e Casares.
ISBN:
978-84-9865-315-1
Páxinas: 364

14,5 × 21,5 cm
Galaxia
Prezo
22,8 €
Emilio Xosé Ínsua
 O escritor viveirense Xoán Pla Zubiri (1874-1936)
Edición que conmemora o primeiro centenario da aparición de A tola de Covas (1917), pon ao alcance textos de difícil manexo e pondera na xusta medida a traxectoria, o esforzo e os logros literarios de Xoán Pla Zubiri. Dous tomos.
ISBN:
978-84-697-8063-3
Páxinas: 952

17 × 24 cm
Autoedición
Prezo
25 €
Xulio L. Valcárcel
 Raíz e canto. Nomes para unha crónica vital e literaria. III Lugares e presenzas
Retrato de moitos dos lugares que o autor foi visitando ao longo de moitos anos para dar paso a unha singular xeografía literaria.
ISBN:
978-84-943783-7-9
Páxinas: 294

15 × 21 cm
Sociedad de Cultura Valle Inclán
Prezo
15 €


CAMIÑO NOIA CAMPOS
 Catálogo tipolóxico do conto galego de tradición oral. Clasificación, antoloxía e bibliografía
Antoloxía que contén preto de setecentos contos (tipos e subtipos), clasificados segundo o contido: de animais, de maxia ou marabillososo, relixiosos, realistas, do ogro estúpido (demo, xigante), de anécdotas e chistes e contos de fórmula.
ISBN:
978-84-8158-483-7
Páxinas: 1014

17,5 × 25 cm
UNIVERSIDADE DE VIGO
Prezo
47,5 €
RED TEMÁTICA DE INVESTIGACIÓN “LIJMI”
 DESCATALOGADO. Reescrituras do conto popular (2000-2009)
Unha introdución teórica que desvela as claves da reformulación dos referentes populares, seguen seis traballos que analizan as obras máis salientables que responden a eses criterios nas literaturas que abrangue o marco ibérico e no ámbito iberoamericano.
ISBN:
978-84-9914-153-4
Páxinas: 248
Rústica
17 × 24 cm
Xerais
Prezo
17,48 €
M. Pilar García Negro (Ed.)
 No tempo de “Follas Novas”. Unha viaxe pola literatura universal
Diálogo literario que parte de Follas novas, de Rosalía de Castro, para acadar no seu conxunto a constatación de que os debates ideolóxicos e estéticos máis importantes do século XIX están presentes na nosa escritora.
ISBN:
978-84-89323-97-1
Páxinas: 282

13 × 23 cm
Alvarellos
Prezo
17,57 €


XOSÉ AFONSO ÁLVAREZ PÉREZ
 Para un estudo xeolingüístico dos campos lexicais. Análise de designacións galegas do ámbito da gand
Este traballo estuda unha selección de conceptos pertencentes ao campo lexical da vaca, animal totémico na cultura galega, sobre o que se teceu unha rica rede de designacións que nomean diferentes aspectos do seu físico, produtos derivados, etcétera.
ISBN:
978-84-95892-81-2
Páxinas: 730
Formato: Libro + CD

17 × 24 cm
Fundación Pedro Barrié de la Maza
Prezo
23,75 €
Xosé Ramón Freixeiro Mato
 A poesía oculta de Filgueira Valverde
Traballo que esclarece un problema autorial e atribúe a Filgueira tres textos que durante anos se consideraron de Antonio Noriega Varela. Trátase de Os Xuicios do Ano aparecidos no popular calendario O Gaiteiro de Lugo de 1937, 1938 e 1939.
ISBN:
978-84-9995-161-4
Páxinas: 126

15 × 22 cm
Baía Edicións
Prezo
12,95 €
NÉLIDA COSME ABOLLO E DOLORES SÁNCHEZ VALES (ED.)
 Manuel Lugrís Freire. Escolma de textos
Libro de dúas significadas mulleres da Real Academia Galega pensado para achegar aos lectores á obra en galego de Lugrís Freire. Recolle a versión en castelán de Mareiras, algunhas cartas e unha variada achega gráfica na que destacan imaxes descoñecidas.
ISBN:
84-8485-218-0
Páxinas: 360

14 × 21 cm
Ediciós do Castro
Prezo
14 €


++ Anterior ++   1  |   2  |   3  |   4  |   5  ++ Seguinte ++

VOLVER SUBIR
BIBLOS clube de lectores | CONTACTO | TEXTO LEGAL