O roibén é esa luz radiante en tons vermellos que tinxe as nubes no horizonte ao abrir o día ou ao atardecer cando lles dá o sol. É tamén o novo traballo de Guadi Galego que se publica en vinilo de cor vermella que contén o formato CD. Dez cortes nun disco que naceu coma un xogo, un experimento en casa de Ferreiro, con Iván e Sergio, que rematou no estudo de Oliveira combinando o traballo de Vic e de Pau. Cancións dedicadas á dor, o amor, os cambios propios e alleos, a fortuna, que estaban agochadas agardando que abrira a porta do horizonte. E estaban tamén os versos das poetas Alegoría de Antía e Penélope de Xoana.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.