Vitoria escapou. Fuxiu dende a aldea para a cidade escapando da violencia e das violencias; dos aprobios e das vexacións; das murmuracións e dos alcumes. Deixou atrás os retratos da súa vida gardados nunha caixa cunha lazada primorosa e puxo unha venda amordazando a súa memoria para empezar de novo. Moitos anos despois, a súa neta, lucia tamén escapou. Non foi quen de resistir o afogamento producido por unha cidade confinada pola COVID e fuxiu para unha aldea na que imaxinaba unha vida apracible en contacto coa natureza. E si; había natureza, pero non moi coidada; infraestruturas escasas e falla case absoluta de servizos…Con todo, Lucía asentou na Baiuca; buscou a maneira e construíu o seu mundo. Un mundo que deu cabida ó futuro e á esperanza; a solidariedade é a cooperación. Ese mesmo mundo permitiulle á avoa Vitoria volver abrir a caixa dos retratos e pechar o círculo.
Retrato de ida e volta
Retrato de ida e volta
| Autor | Rosario Regueira Cereijo |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Editorial Toxosoutos |
| ISBN | 9788412703986 |
| Colección | Nume |
| Edición | 1º (2023) |
| Idioma de publicación | Gallego |
Sé o primero en valorar “Retrato de ida e volta” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.