Morto o pai, a protagonista da novela decide entrar na casa familiar para facer desaparecer toda memoria. Ao tempo, a alma do finado iniciará, como a de Dante, unha viaxe aos infernos, onde vai ter que pelexar, á súa vez, coa propia memoria. Texto de imaxes luminosas, achega un universo absoluto a partir dunha palabra que, máxica, creadora, permite viaxar coa protagonista polas vidas duns personaxes atrapados dentro dos propios traumas. Todo debe arder. Por iso hai que ter claro o pasado. A autora volve a tempos de violencias familiares e acontecementos políticos cruciais tras a morte do ditador; tamén ás vidas que fervían hai unhas décadas cando a liberdade era de estrea. Todo escrito cunha prosa magnética que obrigarnos a ler e a pensar. Ata que chegue o lume final, que todo o destrúe.
Convidado
Faga clic para iniciar sesión
		
						[language-switcher]
						
				
															
															
Reseñas
Aínda non hai valoracións.