Conmovedora novela que convida a reflexionar sobre a vellez, a dependencia, a angustia, a deterioración imparable e a empatía. A saúde de Michka, unha muller independente e culta, reséntese, polo que ingresa nunha residencia da terceira idade. Tanto Marie, a súa veciña, coma Jérôme, o logopedista que a asiste, poñen o seu gran de area para que a anciá deixe de sufrir polo que considera unha débeda moral relacionada cun momento clave do seu pasado. Como revela o título, a gratitude ocupa un lugar central: a de Marie cara á persoa que permitiu que se convertese na muller que é; e a de Michka, cuxo maior desexo é localizar as persoas que lle salvaron a vida. Traducido do francés por Xavier Senín.
As gratitudes
As gratitudes
| Autor | Delphine de Vigan |
|---|---|
| Portada | Ver portada |
| Editorial | Editorial Hugin e Munin |
| ISBN | 9788412600766 |
| Edición | Xullo 2023 |
Sé o primero en valorar “As gratitudes” Cancelar a resposta
É necesario que estes logueado en para valorar unha entrada.

Reseñas
Aínda non hai valoracións.